XOGANDO NA POSTPANTALLA. A PERFORMATIVIDADE NA ERA DOS MEDIOS UBICUOS, por María Yáñez (I)

O obxectivo deste traballo é explorar aqueles procesos e obras que formulan un xeito de experimentar a realidade a través do xogo e da performatividade, e que actúan no espazo físico coa axuda de terminais electrónicos. De que maneira as interfaces dixitais actúan como novos taboleiros para o xogo de toda a vida? Como se lle devolve ao espazo público esta nova maneira de xogar? Podemos usar o territorio como interface coas regras que aprendemos nas pantallas? Que pasa cando unimos social media e espazos de encontro reais? A través de diversos exemplos que van desde o happening a Improv Everywhere, de colectivos que traballan no circuíto artístico como Blast Theory a axencias de ocio e marketing dixital como Hide and Seek; e botándolle tamén un ollo ás aplicacións móbiles que están mudando a maneira de relacionarnos co espazo, coas demais persoas e cos propios trebellos, trataremos de ver cómo os novos medios están levando as ideas e estratexias da performance e do xogo a outras artes e modos de comunicarse. A fin de contas, á nosa vida cotiá.

«19th century culture was defined by the novel, 20th century culture was defined by cinema. The culture of the 21st century will be defined by the interface»

Lev Manovich (2001)

«Screens are getting boring»

Russell Davies (2009)

Sigue leyendo “XOGANDO NA POSTPANTALLA. A PERFORMATIVIDADE NA ERA DOS MEDIOS UBICUOS, por María Yáñez (I)”

Lance Weiler en Galicia

Proximamente teremos unha cita con Lance Weiler na USC:

Mércores 29 de novembro ás 19:30 horas na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados (Parque de Vista Alegre, Santiago de Compostela), co título “Digital Storytelling: How to Process Literary Contemporary Texts and Technology into Collaborative Creative Experiences“, no marco das actividades do Foro “Memoria, identidade, mundo: o desafío das humanidades”.

Acreditarase a asistencia a todas as persoas participantes que o soliciten. A actividade está recoñecida como formativa para o alumnado do PD en estudos da literatura e da cultura

Sigue leyendo “Lance Weiler en Galicia”

Bienvenida a las sombras, de Germán Sierra, en CTXT

ARTÍCULO PUBLICADO EN CTXT

Igual que al inicio de la primera revolución industrial, tenemos miedo. A lo largo de los últimos doscientos años nos habíamos permitido autoengañarnos y –a pesar de la sucesiva irrupción de horrores bélico-políticos que interrumpieron el camino– sentirnos más o menos capaces de imaginar un destino benévolo para nuestra especie. Ahora la realidad se presenta de nuevo inaprehensible y recurrimos otra vez a las sombras, al elogio de la locura, al monstruo que muestra aquello que no sabemos cómo comenzar a exponer de otra manera. Como explica Francisco Jota-Pérez en su espléndido Homo Tenuis, vivimos en tiempos hipersticiosos: “Los zarcillos de estas criaturas hipersticiosas, hipotéticamente situadas en el fin de la Historia, más allá del fin de la existencia tras haberla devorado, se desenroscan hacia atrás en el tiempo y llegan hasta nuestro presente, manifestándose como una oscura voluntad de progreso que despedaza políticas culturales, elimina tradiciones y disuelve subjetividades” (p. 28).

Sigue leyendo “Bienvenida a las sombras, de Germán Sierra, en CTXT”

Proxección de Angélica [una tragedia] no Cineuropa

No marco de Cineuropa, o festival de cinema que está tendo lugar en Santiago de Compostela do 7 ao 28 de novembro, proxectarase o filme Angélica [una tragedia], do director Manuel Fernández Valdés.

A proxección terá lugar o luns 20 de novembro no cinema Numax ás 18:00.