Esther Ferrer manterá un encontro co alumnado de Filoloxía

O venres 8 de febreiro, no marco do programa Escenas do Cambio, a artista Esther Ferrer, unha figura fundamental da performance no ámbito hispánico, manterá un encontro co alumnado de Filoloxía. Terá lugar no salón de actos da Facultade ás 12 horas, unha duración aproximada dunha hora, e a entrada é libre e de balde.

Os alumnos e alumnas da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) teñen a oportunidade de coñecer de primeira man e a través da propia artista como é o traballo creativo de Esther Ferrer (Donosti, 1937), Premio Nacional e Premio Vélazquez das Artes, pioneira das ‘performances’ e todo un referente da arte de vangarda.

Coñecida polas súas propostas arricadas e éticas, que non só sorprenden senón que fan pensar sempre ao/á espectadora, Esther Ferrer procura con este encontro dar a coñecer como é o seu proceso de traballo creativo, á vez que matar o becho da curiosidade que as xeracións máis novas poidan ter do mesmo. Trátase, en definitiva, de establecer un diálogo e conversa aberta e fluída, que dea lugar a preguntas e o intercambio enriquecedor entre a artista e os/as estudantes.

BIOGRAFÍA

Esther Ferrer empeza a participar nas actividades do grupo Zaj, facendo, desde entón, da arte de acción o seu principal medio de expresión. A partir de 1970, retoma a realización de obras plásticas a través de fotografías intervidas, instalacións, cadros e debuxos, baseados na serie de números primos, obxectos ou pezas sonoras.

O seu traballo con Zaj continúa con accións moi directas ata 1996, ano en que se disolve o grupo tras unha exposición retrospectiva no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. En 1999 representa a España na Bienal de Venecia e é Premio Nacional de Artes Plásticas e Premio Velázquez das Artes.

(información tomada da web de Escenas do Cambio).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s