Meri Torras, unha intervención de Manuel Portela e Anxo Abuín nos actos de aniversario do Centro Ramón Piñeiro

No marco dos actos de conmemoración do 25 aniversario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que se inauguran o sábado 19 cunha conferencia do director da RAE Darío Villanueva, participarán o profesor da USC Anxo Abuín, membro do grupo Performa, achegando unha intervención de Manuel Portela, e a continuación a profesora Meri Torras.

O primeiro acto terá lugar o xoves 24 de maio entre 17.30 e 18.30, na sede do CIRP (Rúa San Roque, 2, Compostela), como presentación do DiTerLi (Dicionario de Termos Literarios)., con Anxo Abuín lendo a intervención de Manuel Portela (Universidade de Coimbra). Despois dun descanso, ás 19 horas, a profesora da Universitat Autónoma de Barcelona Meri Torras terá a súa intervención, seguida dun debate.

Velaquí o programa completo:

Conferencia de apertura

19 de marzo de 2018

12,30 horas: conferencia inaugural a cargo de D. Darío Villanueva (Director da Real Academia Española), quen disertará sobre o tema “A voltas coa posverdade”.

O Centro Ramón Piñeiro e a investigación literaria

24-25 de maio de 2018 (duración 12 horas)

Nestes dous días ofrecerase por parte de investigadores do Centro un repaso dos proxectos e estudos literarios levados a cabo ao longo destes 25 anos.

Día 24

  • 11,00-13,30 horas: Presentación dos proxectos de ARGAMED (Lírica profana galego-portuguesa, Prosa medieval e Cantigas de Santa María).
  • 13,30-14,30 horas: Debate.
  • 16,30-17,30 horas: Presentación proxectos de Literatura (Informes de literatura, Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos e Bibliografía da literatura galega).
  • 17,30-18,30 horas: Presentación dicionario de termos literarios e intervención de Manuel Portela (Universidade de Coímbra).
  • 18,30-19,00 horas: Descanso.
  • 19,00-20,30 horas: Intervención de Meri Torras (Universidade Autónoma de Barcelona) e debate.

Día 25

  • 12,00-13,00 horas: Presentación do proxecto “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”. 25 anos de Literatura infantil e xuvenil.
  • 13,00-14,30 horas: Debate.

E aquí a folla de inscrición.

Anuncios